[ti:Memoria Da Noit]
[ar:Luar Na Lubre]
[al:]
[by:]
[01:00.03]Luar Na Lubre - Memoria Da Noite
[01:00.93]Album:Hai Un Paraiso
[01:01.00]Lyrics:小花
[01:01.93]Madrugada, o porto adormeceu, amor,
[01:07.53]a lúa abanea sobre as ondas
[01:12.32]piso espellos antes de que saia o sol
[01:18.50]na noite gardei a túa memoria.
[01:23.00]
[01:23.47]Perderei outra vez a vida
[01:29.09]cando rompa a luz nos cons,
[01:34.29]perderei o día que aprendín a bicar
[01:40.38]palabras dos teus ollos sobre o mar,
[01:45.63]perderei o día que aprendín a bicar
[01:51.89]palabras dos teus ollos sobre o mar.
[02:18.00]
[02:18.51]Veu o loito antes de vir o rumor,
[02:24.05]levouno a marea baixo a sombra.
[02:28.95]Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
[02:35.19]as redes baleiras, sen gaivotas.
[02:40.00]
[02:40.01]E dirán, contarán mentiras
[02:45.00]para ofrecerllas ao Patrón:
[02:50.91]quererán pechar cunhas moedas, quizais,
[02:56.94]os teus ollos abertos sobre o mar,
[03:02.15]quererán pechar cunhas moedas, quizais,
[03:07.72]os teus ollos abertos sobre o mar.
[03:24.00]
[03:24.65]Madrugada, o porto despertou, amor,
[03:29.00]o reloxo do bar quedou varado
[03:29.57]na costeira muda da desolación.
[03:34.61]Non imos esquecer, nin perdoalo.
[03:47.00]
[03:47.81]Volverei, volverei á vida
[03:51.22]cando rompa a luz nos cons
[03:56.40]porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
[04:02.57]non nos afundiremos nunca máis
[04:07.30]que na túa memoria xa non hai volta atrás:
[04:13.74]non nos humillaredes NUNCA MÁIS.